CulturaCulturaÚltima hora

Noite de maxia este sábado no bar Retorno da Rúa

O Mago Deimi actuará mañá, 11 de febreiro, a partires das 22:30h.
O Mago Deimi.

Maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. É o que ofrece o Mago Deimi no seu espectáculo de ilusionismo, no que tamén estaca a variedade de xogos. Dende cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo ou maxia bizarra, ata levitacións, maxia con lume, maxia con animais, aparicións e desaparicións, transformacións… E todo acompañado de bo humor, música de fondo e a participación activa do público.

Isto e moito máis será o que poidan ver os que se acheguen mañá, sábado 11 de febreiro, ata o bar Retorno, na Rúa. Alí actuará o Mago Deimi, a partires das 22:30h. con entrada de balde.

Artigos relacionados

Back to top button