EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Noite de música e descontos na Rúa

11 establecementos comerciais participaron na iniciativa promovida por AEVA coa colaboración do Concello

Unha semana despois do previsto inicialmente por mor das persistentes chuvias caíadas na pasada semana, e en plenas Festas de San Antón, celebrábase a IV edición da Noite dos Descontos na Rúa.

Globos e encaixes brancos decoraban os once establecementos comeciais que na noite do 15 de xuño estendían o horario de apertura ata a medianoite: Deportes Aris, Entredos, Perfumería Compostela, Mercería Raquel, Confecciones Rosendo, Confecciones Mondelo, Cool Balea, Tri-Sport, Okre, Fíos, e Arnaveca Comunicación.

Con grandes rebaixas en artigos de tempada, aperitivos e música da banda de gaitas Abertal e a charanga Terras do Bibei, celebrábase esta edición da  iniciativa promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración cos comercios rueses e o Concello.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button