CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Noite de rock e risa cos Fillos do Estramonio, á beira do Sil

O grupo actuaba na madrugada do 8 de setembro, no marco da "prefesta" do Barco de Valdeorras

 

Non está moi claro se son un grupo de rock, un grupo de música ou un grupo de humor, pero mesturando media ducia de xoves animados aos que lles gustan o rock, a música e o humor dá como resultado Os Fillos do Estramonio.

Máis de cen actuacións ao longo da súa dilatada carreira en diferentes festivais, verbenas e locais de toda Galicia respaldan a calidade musical e artística desta banda que actuaba na madrugada do 8 de setembro á beira do río, no Malecón do Barco de Valdeorras.

 

Botellas de Licores Barbudos sobre o escenario.

 

Facíano despois do concerto de música tradicional a cargo de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, convidando a bailar aos asistentes ao ritmo dos clásicos do rock & roll que reinterpretan con letras adaptadas ao galego con contidos en clave de humor.

Á beira do río e de madrugada, a temperatura non era alta precisamente, por iso non é de extrañar que precisaran dalgún licor para entonar o corpo (as botellas destacaban no escenario), e que mellor que Licores Barbudos, presentes no Salón de Produtos Tradicionais.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button