Galerías de fotosÚltima hora

Noite de rock en BarBudos O Barco

O local barquense organizaba un festival a cargo de Placeres Solitarios, Cabo da Vila e Calle del Ruído

En plenas festas de Santa Rita, mentres os afeccionados á música de baile como pasodobre, bachata ou merengue tiñan unha cita coa orquestra na explanada do Malecón, os amantes do rock a diferentes niveis tiñan outra convocatoria na praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Organizada polo bar BarBudos, tiña lugar unha sesión de concertos a cargo de tres grupos: Placeres Solitarios de Valdeorras, Cabo da Vila de Viana do Bolo e Calle del Ruído de Pontevedra, que esa noite, ao ritmo de guitarras, baixos e baterías, fixeron vibrar ao numeroso público que alí se reuníu.

Con este festival, BarBudos sumábase á iniciativa de organizar actividades en tonto á cultura musical, xa que esta non era a primeira vez que un grupo da zona actuaba no local.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button