CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Noite de rock en Vilanova

The Joker, Y.E.M.E.T. e Cabo da Vila fixeron vibrar ao público no VIII Vilarock

Reiniciando… Coa idea de volver ás orixes para así poder dar continuidade á iniciativa que nacía hai xa oito anos, os mozos de Vilanova (O Barco de Valdeorras) organizaban unha nova edición do Vilarock. Un festival que na noite do 14 de agosto reunía a un numeroso público en torno ás actuacións de tres grupos.

Os primeiros en subirse ao escenario, na praza de Vilanova, serían os barquenses The Joker (unha banda de recente creación que está peganndo forte na comarca de Valdeorras). A continuación cotáballe o turno á banda xa consolidada no panorama do rock galego, Y.E.M.E.T. chegada dende Vigo.

O broche a unha intensa noite de música, poñíano os vianeses Cabo da Vila, que cos seus intensos sons facían vibrar unha vez máis ao público.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button