CulturaCulturaMúsica

Noite de San Xoán na cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga

O dúo pontevedrés La Mosca Valiente actuará o 23 de xuño
La Mosca Valiente.

Paella, cócteles refrescantes e música en directo. Son as propostas da cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga para celebrar a noite de San Xoán.

O prato forte será o concerto de La Mosca Valiente, un dúo pontevedrés que leva ao límite o formato acústico, “dous grandes músicos que chegan por primeira vez a Quiroga e que farán vibrar ao público na noite máis curta e máis meiga do ano”, aseguran dende Hermanager Producións. Agochados tralas máscaras de “pressing catch” mexicanas coas que aparecen en escena, os músicos de LA Mosca Valiente ofrecen un repertorio ecléctico no que abordan cancións de onte hoxe e sempre, cun estilo que eles mesmos definen wrestling music “porque nun concerto podemos chegar a tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes”.

Con eles, o 23 de xuño pola noite a festa está asegurada e o local ofrecerá, ademais, paella de balde para os clientes e disporá de servizo especial para elaborar caipiriñas e mojitos.

Artigos relacionados

Back to top button