CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Noite do Cortello dos Lobos de Lubián, o 17 de agosto

Dende hai xa varios anos, os veciños deste municipio zamorano reúnense nunha noite de agosto nesta trampa para lobos para compartir historias, unha cea e baile
Imaxe dunha edición anterior da Noite do Cortello de Lubián (Zamora)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre as pedras dunha ancestral e abraiante trampa circular para lobos oiranse antigas historias. Relatos dun pasado non tan lonxano, no que este era un animal mítico e temido nas terras do concello zamorano de Lubián, cruzando as Portelas.

Dende hai xa varios anos, os veciños deste municipio reúnense nunha noite de agosto no seu Cortello dos lobos para contar e escoitar contos. Desta volta será este venres 17 de agosto.

Tras as narracións, nas que é habitual que poida participar calquera dos presentes, dase paso a unha cea a base de cordeiro. O broche desta “Noite do Cortello”, organizada polo Concello de Lubián e incluído no seu verán cultural, será a música con Fol de Veneno.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close