CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“A noite do gospel” no Barco de Valdeorras

O grupo Aba Taano dará un concerto o sábado 16 de abril a beneficio de “Música para Salvar Vidas”

concello do barco cartel a noite do gospel

Nabbaale Harriett, Kimeze Joshua, Kamogga Morris, Mayanja Louis e Ssenteza Derrick. Cinco voces cálidas, cinco mozos e mozas cheos de humor, alegría e dinamismo que interpretan cantos a capella, escenificados, movidos e amenos. Son Aba Taano, un grupo de música gospel de orixe ugandés que percorre o mundo coa súa música distinta, de orixinal plantexamento e repertorio propio, que chegará a Valdeorras esta fin de semana.

O sábado 16 de abril ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco terá lugar “a noite do gospel” un concerto a beneficio de “Música para Salvar Vidas”, un proxecto de axuda a nenos e nenas orfos de Uganda (de onde xurdíu a agrupación), cuxa entrada custará 10 euros (á venda dende unha hora antes da actuación).

Entre o repertorio que poderemos escoitar no Barco de Valdeorras hai gospel africano, canto tribal, melodías populares en Luganda, Swahili, Ancore, Zulu, Lingala, Acholi, etc.

Artigos relacionados

Back to top button