En portadaGalerías de fotos

Noite no cortello dos lobos de Lubián

Numerosas persoas se reunían nesta trampa medieval o 21 de agosto para compartir historias, cordeiro e música

Entre as pedras dunha ancestral e asombrosa trampa circular para lobos vanse debullando as historias. Relatos dun pasado non tan lonxano, no que o lobo era un animal mítico nas terras do concello zamorano de Lubián, na zona da Alta Sanabria. Dende hai varios anos, os veciños deste municipio reúnense nunha noite de agosto no seu Cortello dos lobos para contar e escoitar contos.

Desta volta a cita tiña lugar o 21 de agosto. Tras as narracións, nas que pode participar calquera dos presentes, dábase paso a unha cea a base de cordeiro. En total servíanse oito cordeiros asados. O broche desta “Noite do Cortello”, organizada polo Concello de Lubián e incluído no seu verán cultural, poñíase con música galega da man das pandereteiras Xestreu.

Texto: A.R.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button