Galerías de fotosÚltima hora

Noites de música en Trives

Saga Fuga e JDF Trío actuaron na praza Doutor Paz

Durante o mes de agosto a oferta cultural triplícase nas vilas turísticas. Tal é o caso de A Pobra de Trives que durante estes días acolle infinidade de actividades de carácter lúdico, deportivo e musical.

Sen ir máis lonxe, na noite do 6 de agosto, a praza Doutor Paz acollía un dobre concerto. O primeiro a cargo de Saga Fuga (Julio González á guitarra e voz) e o segundo da man de JDF Trío (Julio González, guitarra, percusión harmónica e voz; Manolo Docampo, guitarra e voz; e Farruco, guitarra, baixo, bouzouki e voz).

As actuacións, organizadas pola Cervecería Boliche e a Cantina do Catro, coa colaboración do Concello, reuniron en torno á boa música a numeroso público, que malia a fresca noite, disfrutou da sesión ao aire libre.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button