En portadaÚltima hora

Non quedes sen o Calendario 2020 de O Sil, útil no día a día

Vai gratis para subscritores co número de xaneiro e tamén está á venda en quioscos e librarías

Portada do Calendario O Sil 2020.

 

Como cada ano dende 2001 o Periódico O Sil asume o reto de editar o seu calendario de sobremesa, procurando en cada edición melloralo e facelo o máis práctico, útil e atractivo posible. Por iso mimamos o seu deseño (do que se ocupa Eduardo Martín Pita) e tamén a selección das fotos que o ilustran (obra de Carlos G. Hervella) e mesmo das citas que acompañan cada imaxe (dúas por mes ás que hai que engadir ás da cuberta e contracuberta).

 

 

Como en cada edición, un dos obxectivos é amosar os múltiples e valiosos recursos da provincia de Ourense e ademais dos días, o calendario inclúe información das lúas do mes correspondente e tamén teléfonos de contacto de interese entre os que figuran os dos concellos da provincia de Ourense, polo que é unha ferramenta de utlilidade os 365 días do ano. Das 24 páxinas desta publicación (dous por mes) 12 están en galego e castelán e as outras en inglés e portugués.

O calendario ábrese con dúas portadas: unha delas captura un engaiolante amencer, e a outra unha imaxe de Trevinca. A partir de aí, pasando as diferentes páxinas pode realizarse unha viaxe polas tradicións máis ancestrais da provincia (como os Fachós ou o Entroido), a gastronomía, as súas paisaxes, o patrimonio artístico e natural, as súas citas deportivas e festivas, etc.

 

 

O calendario vai gratis para subscritores co número de xaneiro e tamén está á venda en quioscos e librerías por un prezo de 3 euros.

Non quedes sen el!!

Artigos relacionados

Back to top button