CulturaCulturaÚltima hora

Non quedes sen o teu Calendario 2021 de O Sil, á venda en quioscos e librarías

Seguimos coidando cada detalle, dende o seu deseño ata a escolma de imaxes e citas

Publicidade
Portada do Calendario O Sil 2021.

 

En plena pandemia de Covid-19, o Periódico O Sil afronta un ano máis o reto de poñer na rúa o seu calendario de sobremesa. Pese á complicada situación económica actual, O Sil fai novamente o esforzo de seguir editándoo como un agradecemento á fidelidade e ao apoio dos subscritores, que o recibiron gratis co número de xaneiro de 2021.

 

 

Malia os anos que se leva editando (dende o 2001), seguimos coidando cada detalle. Dende o seu deseño (do que se ocupa Eduardo Martín Pita) ata a escolma de imaxes que o ilustran (boa parte delas de Carlos G. Hervella). Inclúense dúas fotos por mes (máis a da cuberta e contracuberta). Supoñen un percorrido visual por entornos naturais e patrimoniais da Galicia interior por celebracións tradicionais como os Fachós de Castro Caldelas ou o Entroido, así como por diversos produtos gastronómicos de referencia, dende a castaña ou as uvas, ata os embutidos.

 

 

Cada unha destas fotografías acompáñase dunha cita célebre, así como de información dos días e das lúas do mes correspondente. O calendario inclúe tamén outra información de interese como diversos teléfonos de contacto de institucións.

Aquelas persoas que non sexan subscritoras do Periódico O Sil tamén teñen a posibilidade de adquirir este calendario do 2021 nos quioscos e librerías por un prezo de 3 euros. Non quedes sen el.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button