CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Non me toques a saia!” , novo disco das cantareiras ourensás Xestreu

Presentarase o sábado 11 de marzo cunha actuación a partires das 20:30h. na Casa da Cultura da Valenzá
As integrantes de Xestreu, na presentación do seu novo disco.

 

Galicia, Portugal, Ukraína, Piamonte italiano, México, cultura cherokee, cultura sefardí, Magreb, Flandes, Macedonia ou Cerdeña. Son algunhas das zonas de orixe das melodías de música tradicional que as cantareiras ourensás Xestreu inclúen no seu novo disco: “Non me toques a saia!”. E un ilusionante proxecto musical, pero tamén social, xa que con el poñen en marcha unha campaña en favor da igualdade e contra a violencia de xénero coa venda de camisetas co título do disco. Presentábano ante os medios de comunicación na mañá do 9 de marzo no Liceo de Ourense.

O prezo das camisetas–oito euros- servirá para contribuir a financiar a gravación do disco que constitúe “unha homenaxe ás mulleres do mundo” que sufren ou sufriron maltrato, aseguraba Celia Garrido, unha das integrantes do grupo. “Coa campaña tratamos de contribuir a financiar os custes de gravación ao tempo que chamamos á sensibilización social sobre un tema tan candente como grave”, engadía Nila Caballero.

A presentación pública do disco está prevista para o sábado 11 de marzo cunha actuación a partires das 20:30 horas na Casa de Cultura de A Valenzá. “A estas alturas están xa esgotadas as entradas”, sinalaban as cantareiras, se ben matizaban que “xa estamos preparando un segundo concerto en Ourense, para que poida asistir máis xente”.

As integrantes de Xestreu defínense como “cantareiras do mundo, pois tentamos fuxir do encasillamento musical que este termo –cantareiras- ten en Galicia, porque aínda que facemos música tradicional galega tamén exploramos as músicas tradicionais doutras culturas”, manifesta Ana Quintas; “gústanos aprender das culturas do mundo, coñecer as suas tradicións e formas de vivir”, engade Sabela Dacal.

O repertorio desta formación musical está baseado en cantigas tradicionais, pero pasadas polo filtro particular da formación e “arranxadas ao noso xeito particular”. Na gravación colaboraron “un grupo de excelentes músicos que traballaron con nós para conseguir este traballo”, apuntaba Caballero.

 

Outro dos momentos da presentación, que tiña lugar na mañá do 9 de marzo en Ourense.

 

Xestreu naceu nai quince anos “case de casualidade”, dí Nina Liceras, integrado por nove mulleres. Coa evolución imposta polo tempo o grupo foi rexistrando cambios ata hoxe, que conta con cinco compoñentes: Nila Caballero, Nina Liceras, Sabelal Dacal, Ana Quintas e Celia Garrido. Na sua traxectoria subíronse aos mais variados escearios, dende grandes e solemnes auditorios a festivais como o de Ortigueira ou o da Luz ou actuaron en programas de televisión.

Artigos relacionados

Back to top button