CulturaCulturaÚltima hora

“NOOR”, no luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijóo

O filme, do Instituto Francés, fala dun transexual paquistaní que busca o amor dunha muller que o acepte tal e como é
Noor viaxa nun camión decorado con cores moi chamativos.

O Cineclube Padre Feijóo arrancou a temporada 2017 falando de Europa con retranca. O pasado mércores con “I, Daniel Blake”, de Ken Loach, coa que conseguiron encher a sala da Biblioteca Municipal na sesión das 20:30 horas. Para este luns 16 de xaneiro chega a quenda da Filmoteca, para esta cita elixiron un filme do Instituto Francés: “NOOR”, un filme do ano 2012 e dirixido por Guillaume Giovanetti e Cagla Zencirci e producida en Paquistán. A proxección será este luns, 16 de xaneiro, na sala de proxeccións da Biblioteca Pública, en dúas sesións: 20:30 e 23:00 horas.

A cinta fala da vida de “Noor”, unha nena que comezou a bailar con cinco anos e tamén a viaxar baixo a protección dos Khusras, a comunidade tranxénero de Pakistán.

Pero Noor xa non é unha muller, senón un home, e xa non está dentro da comunidade Khusras, senón que quere atopar o amor dunha muller que o acepte tal e como é e deixa o seu traballo nun posto de decoración de camións.

O protagonista sube a bordo do seu camión pintado con cores rechamantes, deixando atrás a súa antiga vida, e inicia unha viaxe de encontros inusuais e paisaxes fantásticas, en busca dun lago máxico que poida concederlle os seus desexos.

Segundo a ficha técnica, o filme ten unha duración de 135 minutos e non está recomendada para menores de doce anos. A entrada é de balde.

 

Noor busca o amor dunha muller que o acepte tal e como é.

 

Tráiler de “Noor”

Artigos relacionados

Back to top button