SanidadeÚltima hora

Nos últimos 5 anos evitáronse 40.000 viaxes de pacientes de Valdeorras a Ourense, segundo a EOXI

A Xerencia de Xestión Integrada ourensá fai balance dos cinco anos deste modelo organizativo sanitario
Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

No último lustro os pacientes de Valdeorras evitaron “preto de 40.000 viaxes a Ourense para acudir a consultas ou facer probas diagnósticas de especialidades que ata esa data só se ofertaban no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e que nestes anos se foron implantando no Hospital Comarcal de Valdeorras”, tal e como se sinala dende a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco (EOXI). Tamén se matiza que esas novas especialidades creadas ao longo deses cinco anos son no hospital barquense son cardioloxía, dixestivo, endocrinoloxía, neuroloxía, oncoloxía e reumatoloxía, “servizos tradicionalmente fóra da carteira de servizos dos hospitais comarcais”.

Dende a EOXI ourensá asegúrase que “este modelo organizativo permite solventar a problemática, habitual en moitos centros hospitalarios comarcais, de cubrir seus cadros de persoal facultativo, especialmente en determinadas especialidades que non contan con profesionais dispoñibles no mercado laboral, ou optan por centros sanitarios de maior volume de poboación, sen que esta carencia puntual de efectivos propios afecte a actividade asistencial diaria nin aos pacientes”.

Ademais sinalan que a reforma proposta da Lei de Saúde busca “garantir a actividade asistencial nos hospitais comarcais, garantindo a carteira de servizos aos pacientes dos hospitais comarcais, solventando as dificultades para fixar profesionais, e xerando un marco normativo que sente as bases da coordinación de persoal e recursos que xa se ven facendo desde as Xerencias de Xestión Integrada”.

Artigos relacionados

Back to top button