CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nova actuación musical en directo, este sábado no café teatro Bajo Cinco do Barco

Indomable presentará, a partires das 23:30 horas, o seu primeiro disco, Incondicional e Imperfecto
Indomable en concerto.

O 12 de outubro no Pulpo Extreme de Ourense, o 18 de outubro no Teatro Lara de Madrid e agora no Bajo Cinco do Barco de Valdeorras. Indomable, o proxecto persoal do ourensán Arturo Rodríguez perfila así o final da xira co disco Incondicional e Imperfecto que pechará o 3 de novembro no Inn Club da Coruña.

Ao escenario do café teatro barquense subirase mañá, sábado 20 de outubro a partires das 23:30h. para presentar o seu  primeiro traballo discográfico “que non atende a condicións e que cre na imperfección como a beleza mesma das cousas”. Como un home orqeustra, cantará e tamén tocará a guitarra acústica, a armónica, o bombo e a pandeireta.

Artigos relacionados

Back to top button