ConcellosÚltima hora

A nova alcaldesa de Vilariño de Conso reúnese co presidente da Deputación

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, na reunión co presidente da Deputación, Manuel Baltar, en Ourense.

Apenas un mes despois da súa toma de posesión como alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía vén de reunirse na mañá do 4 de setembro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial. Nesta xuntanza abordáronse temas de cooperación en materia de infraestruturas e turismo, coincidindo neste eido en seguir potenciando a riqueza natural e do patrimonio histórico-artístico deste concello do oriente ourensán.

Ademais, analizaron a importancia económica que para Vilariño de Conso ten o aproveitamento hidroeléctrico, ámbito no que Manuel Baltar é vicepresidente da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros, que agrupa a un milleiro de concellos de España –entre eles Vilariño de Conso- e ten como obxectivo avanzar nas melloras medioambientais, económicas, de seguridade e de desenvolvemento social das comarcas onde están situadas presas e embalses.

Artigos relacionados

Back to top button