EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nova app para o control de uva na D.O. Ribeiro

Mediante este novo sistema, os controis de vendima nas distintas adegas da denominación verase moi axilizado
O presidente do CRDO Ribeiro e o presidente da Deputación de Ourense, na presentación da nova aplicación.
O presidente do CRDO Ribeiro e o presidente da Deputación de Ourense, na presentación da nova aplicación.

Os datos da vendima do 2015 na Denominación de Orixe Ribeiro serán procesados procesados e actualizados minuto a minuto. Isto será posible grazas á nova aplicación para realizar os control e certificación de vendima que os inspectores posúen nas súas tablets. Desenvolveuse dentro do Sistema de Xestión Integral Automatizado e de alta mobilidade para o consello regulador e o seu órgano de control e certificación.

Mediante este novo sistema, os controis de vendima nas distintas adegas da denominación verase moi axilizado, ao volcarse os datos na nube de información que a posteriori pasarían ao servidor do Consello Regulador e na web, tendo desta maneira acceso ás cifras de inmediato tanto o propio Consello, como os correspondentes operadores.

“Deste xeito poremos máis en valor ao Ribeiro e garantiremos o proxecto dende o viñedo ata a botella mostrando transparencia total para que se saiba todo o que se está a facer ante todos ata chegar ao consumidor final”, sinala o presidente deste consello regulador, Miguel Ángel Viso, na presentación deste novo sistema na mañá do 18 de setembro.

Este novo sistema conta cun avanzado software de xestión e cun completo hardware asociado, que recolle a documentación, procedementos, rexistros, información, relaciónaos e “permite unha efectiva translación de datos, minimizando erros e recursos, é dicir que xera unha efectividade e fiabilidade do traballo e servizos que presta o Consello Regulador aos integrantes da Denominación de Orixe e aos consumidores finais do noso produto”, tal e como se indica dende o órgano réctor. Este novo sistema foi financiado pola Deputación de Ourense cun investimento de 50.000 euros. O seu presidente, Manuel Baltar, tamén estaba presente no acto de presentación e indicaba que a Deputación “quere estar sempre na vangarda, apoiando proxectos que engadan valor tecnolóxico e que melloren os servizos a empresas e cidadáns, como é o caso desta ferramenta, única no mercado”.

O desenvolvemento técnico foi un proceso de 14 meses de plausabilidade operativa do deseño, produción, proba e implantación, no que consello contaba cos servizos da enxeñería galega I3Te.

Artigos relacionados

Back to top button
Close