ConcellosÚltima hora

Nova avaría dun tren en Valdeorras

Desta volta o incidente producíase nun tren que facía o percorrido de Vilamartín cara A Rúa

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

En apenas unha semana na comarca de Valdeorras vén de rexistrarse unha nova avaría por unha catenaria nun tren. Así, os pasaxeiros que viaxaban nun tren que facía o percorrido desde a estación de Vilamartín cara A Rúa de Petín a primeira hora desta mañá de sábado, tiveron que seguir o seu destino en distintos autobuses, por mor dunha avaría sufrida no convoi.

“Foi o mesmo persoal de seguridade de Adif quen alertou da incidencia ao 112 Galicia, sobre as 08:30 horas desta mañá. Comunicaban ademais que, aínda que non se esperaba circulación férrea por ese tramo, as barreiras do paso a nivel, nese tramo, estarían baixadas mentres non se solucionara o incidente. Aseguraban que os 144 pasaxeiros que viaxaban no tren estaban en perfecto estado e ían ser recollidos en distintos autobuses para que seguisen os seus destinos”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button