OurenseÚltima hora

Nova campaña do proxecto ‘Libera, unidos contra a basuraleza’ para os Ecovixiantes de Ourense

 

Unha campaña máis, os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participan no proxecto nacional ‘Libera, unidos contra a basuraleza’, unha iniciativa que nace no ano 2017 para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais, a basuraleza, nos diferentes ecosistemas españois. Foi creado pola ONG ambiental decana de España, SEO/ BirdLife, en alianza con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases, e dende entón os Ecovixiantes non faltan a ningunha saída.

O obxectivo desta iniciativa é concienciar é “mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que podamos, desta maneira, liberar moita máis vida en favor da biodiversidade”, din dende o centro escolar ourensán, incidindo que en campos, bosques e montes atópanse ante o “Caso Basuraleza”, un fenómeno que “só podemos frear unidos nun só equipo: a Ciencia Cidadá”.

Desde Libera veñen de poñer en marcha unha nova campaña para a recollida de “1 m2 polo Campo, Bosques e Monte”, que se celebraba do 4 ao 12 de decembro. Para loitar contra a basuraleza contaron con e- Litter, unha app que axuda a caracterizar os residuos que máis abundan nestas contornas naturais e así axudar a terminar co impacto da basuraleza. Tras unha semana de tempo moi difícil e adverso aproveitamos a chegada do anticiclón” indican dende Ecovixianres que actúan en Montealegre, para recoller o lixo que aínda queda tras as festas dos Magostos, así como recollendo as mascarillas que se atopan no seu camiño e miles de envases, latas de refresco, botellas de vidro, restos de comida, lonas de tendas… “Unha sociedade que volve gozar durante esta pandemia que nos tocou vivir, pero que volve mostrar a peor das súas caras”.

Premio Irmán Reboiras

 

 

Na mesma semana en que os Ecovixiantes participaban no proxecto de limpeza, o seu colexio, o Divina Pastora (Franciscanas) de Ourense recibía polo seu proxecto “Cantando en galego” o premio Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do Galego nas XVII Xornadas de Normalización Lingüística celebradas no Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button