DeportesÚltima hora

Nova concentración da Federación Galega de Voleibol en Quiroga

Unhas 50 rapazas das categorías infantil e cadete asistían a este segundo adestramento na vila lucense

O pavillón municipal de deportes de Quiroga acollía o 6 de decembro, a segunda concentración da Federación Galega de Voleibol. Unas 50 rapazas das categorías infantil e cadete asistían á sesión de adestramento, con ausencia de outras moitas por ter partidos cos seus equipos nesa data.

A primeira concentración tiña lugar o 1 de novembro e ámbalas dúas enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o Concello de Quiroga e a Federación Galega de Voleibol para a realización das actividades de tecnificación, supervisión e control que se levarán a cabo no municipio lucense.

Artigos relacionados

Back to top button