ConcellosÚltima hora

Nova concentración de emigrantes ante a delegación de Facenda no Barco

Concentración da Plataforma de emigrantes retornados de Valdeorras no Barco.
Concentración da Plataforma de emigrantes retornados de Valdeorras no Barco.

Arredor de 40 emigrantes retornados da plataforma de Valdeorras concentrábanse na mañá do 6 de novembro ante a delegación de Facenda no Barco de Valdeorras. Ademais, a modo de manifesto, deron lectura a unha carta dirixida ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

“Os emigrantes retornados non abandonaremos as nosas reivindicacións e mobilizacións ate conseguir os obxectivos que consideramos de xustiza”, aseguraban.

Asemade dende a plataforma tamén se indicaba que “instamos a todas as persoas que se atopan afectadas e a seu entorno, a que se involucren nas actividades da Plataforma, que asistan ás concentracións así como ás charlas que se podan ir convocando”

Artigos relacionados

Back to top button