ConcellosSen categorizar

Nova concentración de emigrantes retornados no Barco

Tiña lugar fronte á delegación de Hacienda na comarca de Valdeorras
Un dos momentos da concentración no Barco.
Un dos momentos da concentración no Barco.

Fronte a delegación de Hacienda no Barco volvían a concentrarse os membros da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras na mañá do 2 de xullo. A través de actos coma este os integrantes destas plaraforma buscan “acadar unha igualdade de trato fiscal respecto ao resto dos xubilados, a devolución das multas e a derogación dunha lexislación inxusta, que trata aos emigrantes retornados como defraudadores, xunto coa asesoramento, coordinación e apoio a todas as persoas afectadas pola lei 35/2006”.

Dende esta entidade sinálase que non descartan outras mobilizacións e accións para “facer valer os seus dereitos e rexeitan o que consideran a legalización de un roubo”.

Ademais convidan a que “todo aquel que se atope nesta situación a que se poña en contacto coa plataforma, que asista aos actos para facer valer os seus dereitos”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button