ConcellosÚltima hora

Nova concentración en defensa dos xulgados barquenses

Un dos momentos da concentración./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da concentración./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Continúan as concentracións en defensa do partido xudicial valdeorrés. Na mañá do xoves 18 de setembro medio cento de persoas reuníanse ás portas do edificio dos xulgados barquenses para participar na concentración convocada pola Plataforma en defensa do Partido Xudicial de O Barco.

Nela dábase conta da xuntanza da comisión permanente desta entidade do 17 de setembro, na que se acordaba crear un grupo de traballo co fin de informar á cidadanía sobre as consecuencias da perda dos xulgados. Esta comisión estará formada por unhas sete persoas, pero que está aberta á incorporación de novos membros. Tamén se adiantaba que na vindeira semana haberá unha reunión da coordinadora de plataformas galegas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button