ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Nova concentración no Barco contra o “triple feminicidio en Valga”

Tiña lugar ás oito da tarde na praza do Concello e estaba convocada pola coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres

Con apenas 24 horas de diferenza, tiñan lugar no Barco dúas concentracións de repulsa contra o triple asasinato de Valga (Pontevedra). Así, tras a celebrada onte convocada polo Concello, ás oido desta tarde de 18 de setembro celebrábase outra, desta volta convocada pola coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres.

O escenario era novamente a praza do Concello do Barco, onde tres valdeorresas daban lectura a un manifesto no que se lembraba o asasinato de Sandra, María Elena e Alba, “un episodio de violencia que nos conmociona e mobiliza para dar resposta en cada recuncho do país. Máis unha vez o feminismo galego é capaz de mobilizarse en case 40 localidades para rexeitar a violencia e reclamar medidas reais e efectivas na súa prevención e combate”.

No comunicado tamén se reclamaban “medidas contudentes e reais, recursos e orzamentos que garantan que se pode avanzar na formación de todos os axentes que interveñen na educación, a sanidade e a prevención e atención das mulleres que sufren violencia machista”.

Tras o manifesto, que finalizaba entre aplausos, gardábase un minuto de silencio por outra nova muller asasinada en Madrid onte, tamén diante das súas fillas. E desexábase que este tipo de concentracións non teñan que volver a repetirse.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close