SanidadeÚltima hora

Nova concentración no Barco en apoio aos traballadores de seguridade do HCV

Continúan a "loita contra Seguridade A1 por non abonar os nosos salarios como establece o convenio"

 

Un mes despois da última concentración, os traballadores do Servizo de Seguridade do Hospital Comarcal de Valdeorras volvían manifestarse diante do centro sanitario “contra a empresa Seguridade A1 por non abonar os nosos salarios como establece o Convenio”, pedindo “responsabilidade ao Sergas para que obrigue á empresa a abonar os soldos que se pagan con diñeiro público”.

A concentración tiña lugar no mediodía do 8 de novembro coa asistencia dos propios implicados (son cinco os gardas de seguridade no HCV e outros cinco no Hospital de Verín) e tamén compañeiros sanitarios e membros dos sindicatos. Dende a CIG aseguran que malia que a empresa pagou o que debía “para evitar a sanción, a día de hoxe volve acumular retrasos e presentamos unha nova demanda ante a Inspección de Traballo co temor de que a empresa quebre e os traballadores queden sen cobrar”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button