ConcellosÚltima hora

Nova concentración no Barco para demandar “pensións dignas”

 Baixo o lema “Polo sistema público de pensións e o emprego” tiña lugar no mediodía do 17 de marzo unha nova concentración na praza do Concello do Barco de Valdeorras co fin de reivindicar a necesidade de revalorizar as pensións.

Esta mobilización foi convocada pola Federación de Pensionistas e xubilados do S.N. de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia en diferentes puntos de Galicia: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense (á que asistían os secretarios xerais de UGT e CCOO), Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz, Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras.

Numerosas persoas (pensionistas e non pensionistas) se xuntaron para “demandar prestacións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button