SanidadeÚltima hora

Nova concentración no Barco para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde

 

Proseguen as mobilizacións, convocadas cada mércores pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras diante do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco. Con elas quere manifesarse o rexeitamento do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia.

Tal e como recordaba nesta mañá de 29 de novembro o voceiro da plataforma, Orlando Saavedra, séguese pedindo a retirada do citado anteproxecto e a negociación de forma consensuada dunha nova lei. Tamén se anunciaba que as concentracións manteranse, polo de agora, ata o vindeiro 13 de decembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button