OurenseÚltima hora

A nova depuradora de Ourense estará funcionando un ano en proba

Está previsto que alcance o seu funcionamento completo no verán do 2018, así o anunciaron inauguración de hoxe á que acudiron o presidente da Xunta e a Ministra de Agricultura e Pesca

A nova depuradora de Ourense, a EDAR, xa está inaugurada. Unha instalación “moi novidosa”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e que “porá a esta cidade na vangarda”, asegurou o rexedor. Neste acto inaugural, celebrado hoxe 26 de xullo, e posterior visita ás instalacións, estivo presente tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Agricultura e Pesca, Isabel García; así como outras personalidades públicas ourensás como o presidente da Deputación, Manuel Baltar; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín e o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, entre outros.

Tanto Feijóo como a súa compañeira ministra, Isabel García, anunciaron importantes inversións para a provicia como a renovación da EDAR de San Cibrao das Viñas ou a de Verín, entre outros. Tamén salientaron a importancia que ten esta nova instalación xa que “é moito máis ecolóxica”, asegurou Feijóo.

Fotos: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button