ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Nova desinfección integral do municipio da Rúa por parte de adegueiros e agricultores

Cos tractores, procedían por segunda vez dende a chegada do coronavirus aos labores na tarde deste 23 de maio

 

Ademáis das labores de desinfección que se levan a cabo diariamente na Rúa dende que comezou a pandemia nos puntos clave de maior afluenza, na tarde deste sábado 23 de maio, dous meses despois da primeira pasada, realizábase unha nova desinfección de todo o municipio por parte dos bodegueiros e agricultores que se ofreceron voluntarios xa dende o primeiro momento.

“Agora que as condicións meteorolóxicas son as idóneas e que, debido ó avance nas fases de desescalada, o movemento da cidadanía foi en aumento, consideramos que esta desinfección será de gran axuda fronte ao Covid-19”, aseguran dende o Concello que se amosa “moi agradecido pola colaboración e dispoñibilidade a todos os adegueiros e agricultores que colaboran aínda coa carga de traballo que de seguro teñen nesta tempada”.

O punto de encontro dos tractores era unha vez máis a estación de servizo, na rúa Campogrande, onde recollían o desinfectante. De seguido, distribuídos por zonas, percorrían a vila dende a Rúa Vella ata a Estación, as Casas Baratas, Fontei, Vilela…

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button