CulturaCulturaÚltima hora

Nova directiva na asociación cultural O Mosteiro de Vilanova

A nova xunta era presentada na asemblea de socios celebrada na localidade barquense

Despois de máis de dúas décadas, a asociación cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco de Valdeorras), conta cunha nova xunta directiva. O equipo, con Ángeles Pérez á cabeza, era presentado na asemblea de socios celebrada na mañá do 5 de outubro, no local social do pobo.

Xunto a Ángeles están Antonia Prada como vicepresidenta; Aurelia González como secretaria; María Prada como tesoureira; e Concepción Prada, Ana Pérez, Dolores Sández e Elisa López como vogais. Durante a asemblea, a directiva entrante deu as grazas á anterior xunta, que durante 21 anos mantívose ao fronte do colectivo, levando a cabo importantes actividades como a “Semana Cultural” que cada ano xuntaba en Vilanova a profesionais de diferentes disciplinas, da comarca de Valdeorras.

Tal como adiantan dende o colectivo, a primeira actividade que organizarán será o magosto, e xa a partires de xaneiro do 2015, comezarán a perfilar o programa que levarán a cabo ao longo do ano, “seguiremos a liña da anterior directiva, mantendo moitas cousas que estaban moi ben e despois miraremos a ver que cousas se poden facer para animar á xente” explica a vicepresidenta.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button