Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Nova e contundente vitoria da U.D. Ourense no Couto

Os vermellos vencían por 4 goles a 0 á U.D. Paiosaco de Laracha

A masa social é o punto forte da U.D. Ourense. Así o asegura unha e outra vez o presidente do club Modesto García e na tarde do 12 de outubro ese apoio incondicional quedou unha vez máis demostrado.

Numerosos afeccionados asistían ao encontro correspondente á xornada 7 en terceira división, entre a UDO e a U.D. Paiosaco de Laracha (A Coruña). Era un dos partidos adiantados na ponte do Pilar e unha vez máis os rapaces de Fernando Currás fixeron alarde dun gran xogo e mellor resultado, sumando unha nova vitoria e tres puntos máis que os manteñen na zona alta da táboa.

Apenas 12 minutos tardaba Hugo en marcar o primeiro gol da tarde para o vermellos e el mesmo anotaba o segundo pasada a media hora. Co 2-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, os oruensáns seguían sacando peito anotando os dous goles da sentencia: Durán no 73′ e Docampo no 86′.

Con esta, a UDO suma a quinta vitoria na estrea en terceira división, con outros dous empaptes e un só gol en contra, ademais dun partido menos (o derbi ante o Ourense C.F. aprazado xa xornada 3 por unha tromba de auga).

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button