CulturaCulturaÚltima hora

A nova edición de “Roxe de Sebes”, de Ignacio Castro, na Feira do Libro da Coruña

O autor asinará exemplares do libro o martes 2 de agosto, de 7 a 22 horas, na caseta 25 (librería Xiada)
Portada da obra "Roxe de Sebes. Mil días en la montaña", de Ignacio Castro Rey.
Portada da obra “Roxe de Sebes. Mil días en la montaña”, de Ignacio Castro Rey.

Tras dúas edicións galegas, o filósofo, crítico de arte e profesor Ignacio Castro Rey vén de sacar do prelo unha edición en castelán da súa obra Roxe de Sebes. Mil días en la montaña. Nela conta a experiencia extrema dun retiro nunha cabana de pedra e madeira nas montañas do Courel ao longo de mil días.

Esta edición en castelán “contén un texto bastante cambiado, depurado e mellorado, cunha edición máis definida doutra selección de fotografías”, explica o propio autor. Estará asinando exemplares deste libro o vindeiro martes 2 de agosto, de 7 a 22 horas, na caseta 25 (librería Xiada) na Feira do Libro da Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button