CulturaCulturaÚltima hora

Nova edición de “Venres nas librarías” en outubro e novembro

O programa regresa con máis de 80 encontros con escritores para fomentar o libro e a lectura
Presentación do programa "Venres nas librarías".
Presentación do programa “Venres nas librarías”.

Durante as fins de semana de outubro e de novembro, oprograma “Venres nas librarías” ofrecerá máis de 80 actividades para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor aos autores galegos.

Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e de escritores para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas. A programación era presentada na mañá do 1 de outubro polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; pola presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez; e polo editor Miguel Toval, en representación da AGE, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Segundo explicou o secretario xeral de Cultura, do 2 de outubro ao 28 de novembro, as librarías converteranse nun espazo de encontro dos lectores con escritores galegos que publicaron algunha obra no último ano. Nomes como Xesús Constenla, Afonso Eiré, Sérgio Tannus, Pedro Feijoo, María Reimóndez, Suso Lista e Andrea Barreira, entre outros, darán a coñecer os seus novos títulos a través de charlas, lecturas dramatizas e poéticas, presentacións musicais e, sobre todo, con propostas nas que se promoverá a participación activa de público de todas as idades.

En outubro e novembro deste ano, “Venres nas librarías” chegará aos concellos de Vigo, Ourense, Lugo, Moaña, Santiago de Compostela, A Coruña, Narón, Foz, Lalín, Cee e Sanxenxo a través de encontros en librarías como Trama, Aenea, Nós, Couceiro, Káthedra, Cartabón, O Pontillón, Andel, Andel, Suévia, Day, Pedreia, Bahía, Librouro, Vagalume e Ler.

Como novidade nesta segunda edición, a programación ampliarase tamén aos sábados, con actividades dirixidas ao público máis novo que xirarán en torno a obras como “O valente coello que quixo soñar”, de Miguel Ángel Alonso; “Alegría!”, de Sérgio Tannus; “Unha viaxe polo mundo”, de Maimiñas; ou “Un conto do revés”, de Fran Amil.

Artigos relacionados

Back to top button