CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nova edición do Jam Fest na praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

Microfestival de música independente, o 24 e 25 de agosto no Barbudos
Un concerto no Barbudos (praza Lauro Olmo do Barco). /Foto: Carlos G. Hervella.

O son da música independente encherá de novo a praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Da man da asociación AMAVA e do Barbudos, coa colaboración do Concello, ao longo de dous días celebrarase o Jam Fest 2018 coa participación de varias bandas, dúos e solistas valdeorreses: Amparo & Piru, As I Am, Azor 91, Big Crunch, Bigg Fuzi, Caxotazo, Danza Macabra, EGL, EGL & Piru, Reverend Goat, Roma Doval, Samu Encina e Sex Pistolos.

O venres 24 a partires das 23h. será un concerto acústico e o sábado 25 a partires das 20h. un eléctrico da man dos grupos xa consolidados.

Artigos relacionados

Back to top button