ConcellosÚltima hora

Nova entrega de material de protección ao Concello de San Xoán de Río

Material recibido no Concello de San Xoán de Río.

 

Neste 6 de maio o Concello de San Xoán de Río vén de recibir un novo envío de material de protección da Xunta de Galicia. É o cuarto deste tipo que chega a este municipio e tamén o máis amplo ata o de agora, tal e como asegura o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Así, o envío inclúe mascarillas cirúrxicas (100 da Xunta e 200 doadas pola Deputación de Ourense), 100 luvas de vitrilo, xel hidroalcohólico (3 botes de 500 ml), 3 pantallas de protección facial, 4 traxes antisalpicaduras e 6 batas doadas por Inditex. Este material de protección vai destinado aos traballadores do Concello, ao persoal do Servizo de Atención no Fogar (SAF), ao das brigadas, etc.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close