CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Nova etapa na Biblioteca de Viana, que amplía os seus fondos e estrea sistema de préstamo

Estas novidades presentaranse nun acto público previsto para o vindeiro 25 de outubro ás 19h. nesta instalación cultural

 

Con cambios no seu funcionamento e ampliando os seus fondos, a Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo enceta neste outono unha nova etapa. Para dar a coñecer estas novidades está prevista unha presentación o vindeiro 25 de outubro ás 19h. na que se fará unha pequena charla-coloquio, impartida polo profesorado dos centros de ensino IES Carlos Casares e do CEIP Bibei.

“Con esta actividade preténdese dar a coñecer aos veciños/as de Viana do Bolo a renovación e ampliación dos fondos bibliográficos que tivo lugar nos últimos dous anos. Esta renovación consistiu na adquisición de máis de 300 novos volumes que xa están dispoñibles na Biblioteca Municipal. Trátase de literatura de calidade dirixida a un público de diferentes idades e preferencias (dende literatura clásica, novos/as autores/as, poesía, narrativa, teatro, ensaio, libro ilustrado,etc.)”, explican dende o Concello de Viana.

Ademais no decurso deste acto tamén se dará a coñecer o novo carné de socio/a que se estreará no mes de novembro “con moitas e interesantes novidades e vantaxes para os/as interesados/as nel”, adiantan dende o Concello. Entre elas está o feito de que poderá ser utilizado en calquera biblioteca que forme parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Tamén permitirá acceder á Plataforma GaliciaLe.

Na tarde do 25 de outubro presentarase ademais a programación anual da biblioteca vianesa, que consitirá na organización de actividades de carácter mensual para o fomento e animación á lectura dirixidas aos veciños. “O público asistente poderá participar e aportar ideas e melloras para esta nova etapa da Biblioteca Municipal de Viana do Bolo”, indican dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close