OurenseSen categorizarÚltima hora

Paz de la Calzada, na Sala Alterarte do Campus de Ourense

‘Carpet diem’ é unha mostra de murais urbanos feitos con materiais de refugallo que asina a artista galega afincada nos EE UU
Os mosaicos están construídos con materiais de refugallo como moquetas ou alfombras.
Os mosaicos están construídos con materiais de refugallo como moquetas ou alfombras.

Este xoves, 12 de maio, a Sala Alterarte do Campus de Ourense abre as súas portas a unha nova exposición: ‘Carpet diem’, unha mostra de arte urbana que asina a artista galega afincada nos EE UU, Paz de la Calzada, e que conta coa curadora Alumdena Fernández Fariña. Estará na cidade das Burgas ata o mes de agosto.

Os visitantes poderán descubrir un conxunto de obras únicas, pois a artista desenvolve un traballo que se move entre o debuxo site-specific, a instalación e a arte pública. É dicir, leva a cabo pezas de arte que se poden enmarcar na contorna urbana, onde constrúe labirintos con fragmentos de alfombras e moquetas recicladas.

Neste eido, o título da exposición trata de evocar a significación da expresión orixinal latina carpe diem -aproveita o momento- para apuntar ao uso e aproveitamento deste material de refugallo.

A Sala Alterarte inaugurará a exposición o próximo xoves. Acollerá os seus últimos traballos, onde mantén o uso de alfombras e moquetas recicladas pero, neste caso, os fragmentos desprázanse do chan á parede para compoñer murais.

Artigos relacionados

Back to top button