DeportesÚltima hora

Nova fichaxe para o C.D. Barco

O centrocampista Adil Soudassi é xa membro do plantel sénior barquense
O centrocampista Adil Soudassi co presidente do C.D. Barco Daniel Ramos.
O centrocampista Adil Soudassi co presidente do C.D. Barco Daniel Ramos.

O escaso plantel e as lesións, entre elas a de Recamán que leva un par de meses de baixa, obrigaba á directiva do Centro de Deportes Barco a reforzar o equipo sénior.

Así pois, na tarde do 15 de xaneiro, o presidente do club Daniel Ramos presentaba á nova fichaxe. O marroquí Adil Soudassi, é un medio centro defensivo provinte do desaparecido C.D. Ourense e segundo as palabras do presidente esperan que lles dé “o empuxe que necesitamos para seguir nos postos de arriba”.

Adil Soudassi coa camiseta do Centro de Deportes Barco.
Adil Soudassi coa camiseta do Centro de Deportes Barco.

Dándolle a benvida ao club baquense, Ramos desexáballe “toda a sorte do mundo e que nos axude a lograr o obxectivo final”. Adil pola súa banda aseguraba estar “encantado por esta xente que me quere e eu quero estar en Galicia porque teño á miña familia aquí. Este é un equipo que eu vexo ben con xente seria e estou contento de estar aquí”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button