OurenseÚltima hora

Nova Galega de Danza e o Ballet Ruso, o groso da programación do Auditorio

O calendario verase reforzada co OUFF e a Mostra de Teatro Infantil
Belén Iglesias, Jesús Vázquez e Manuel Freire. // Foto: Carlos Asensio.

A compañía Nova Galega de Danza, o Ballet Nacional Ruso ou Moncho Borrajo, son algúns dos pratos fortes que completan unha programación de 39 espectáculos cos que o Auditorio de Ourense pechará o ano.

Segundo dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, hoxe 22 de setembro, na presentación da programación que durará até decembro, o obxectivo é converter á capital das Burgas “nun dos espazos culturais máis dinámicos de Galicia”.

A todo isto hai que engadir, dixo o rexedor municipal, o Festival Internacional de Cine de Ourense ou OUFF, que reforza este calendario de espectáculos. Tamén a Mostra de Teatro Infantil, que se celebrará do 26 ao 30 de decembro, e o Festival de Danza Contemporánea .

Nova Galega de Danza vai presentar o 19 de novembro, ás 19:00 horas, o seu espectáculo “Son”, que consiste “nunha fusión entre flamenco e baile galego a cargo de nove bailaríns”, explicou Jesús Vázquez. Pola súa banda, o alcalde tamén destacou ao Ballet Nacional Ruso, que estarán sobre as táboas do Auditorio os días 13 e 14 de decembro representando “O lago dos cisnes” e “A bela durminte”. Para este espectáculo poderase adquirir un abonamento para os dous días. Asemade, Moncho Borrajo porá o toque de humor o día 26 de novembro ás 19:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button