DeportesÚltima hora

Nova iluminación no campo de fútbol de Calabagueiros

 

O estadio barquense conta con 4 torres de 18 metros de altura con 5 proxectores cada unha e un xerador
Proba de iluminación das novas torres instaladas no campo de fútbol.

O campo de fútbol de Calabagueiros do Barco de Valdeorras, conta xa con nova e potente iluminación. Esta semana facíanse as probas necesarias das novas torres de alumeado instaladas a pasada semana, co cal o estadio conta con catro torres con 10.000 vatios de potencia en cada unha que “permiten cumprir a normativa vixente sobre os niveis de iluminación precisos para este tipo de instalacións: 200 lux para competición e 70 para adestramentos”, explican dende o Concello.

Cada unha das torres, de 18 metros de altura, dispón de 5 proxectores que se utilizarán en función das necesidades. “Nas competicións, está previsto utilizalos todos”, din dende o Concello, engadindo que no caso dos adestramentos “prevese que o sistema poda realizar un acendido parcial”.

Ademais das torres, instalouse no campo un xerador que se porá en marcha cando o sistema se esté utilizando ao cen por cen, contectándose á rede cando se use parcialmente.

O custe total das obras ascende a 76.400 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button