OurenseÚltima hora

Nova imaxe corporativa do CCA Ourense Centro na rede

A entidade celebrou a asemblea xeral de socios, poñendo o acento na importancia da iluminación das rúas no Nadal
O presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera (centro) durante a asemblea.
O presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera (centro) durante a asemblea.

Coa iluminación navideña como prioridade dentro da campaña de Nadal, o presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera, arrancaba o discurso de benvida á Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios que tiña lugar na tarde do 9 de novembro, contando coa presenza da concelleira de Comercio de Ourense, Ana María Fernández.

Diante da representante comercial co Concello de Ourense, Rivera expresou a súa confianza en que a iluminación e dinamización das rúas “se entendan como unha prioridade, dándolle o protagonismo e apoio institucional que merece”, despois de que en campañas desenvolvidas con anterioridade o retraso ou ausencia de iluminación de Nadal na cidade “fose obxecto de desilusión para o sector comercial”. A ese respecto, o presidente do CCA subliñou que “as rúas son o principal escenario do comercio, ademais do espazo de encontro, por iso o seu coidado, adorno e dinamizacion é vital especialmente en datas como o Nadal”.

Durante a asemblea da entidade, Luis Rivera anunciou a completa remodelación da imaxe corportativa na rede, que comprende a dotación dun novo sitio web, a modernización da venda online, unha app para móbiles e outros dispositivos e a creación dun blog multisectorial de moda e de tendencias, no que terán cabida tódolos sectores que abrangue o comercio do centro da cidade, como o textil, o calzado, as viaxes, a gastronomía, a hostelería ou a florería, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button