ConcellosLaroucoÚltima hora

Nova imaxe da igrexa parroquial de Larouco, libre de postes eléctricos

 

Sen cables, nin postes de luz ao seu carón loce agora a igrexa parroquial de Larouco, que conta ademais cun niño de cegoña no alto da torre do campanario. É a nova imaxe que ofrece este céntrico lugar da vila, así como outras dúas rúas das que se procedeu a retirar este tipo de instalacións eléctricas.

 

Esta medida constitúe un paso máis do Concello de Larouco na loita contra o feísmo, buscando recuperar a esencia e a singularidade do seu fermoso entorno.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button