ConcellosÚltima hora

Nova intervención do GES Valdeorras para retirar un niño de velutina, desta vez na Proba (O Barco)

Continúan aparecendo niños de Vespa velutina no Barco. Apenas 24 horas despois de quitar un dos niños deste insecto invasor na urbanización A Cerámica, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras interviña na mañá deste venres 8 de xuño para retirar outro, desta volta situado na localidade barquense da Proba. Estaba no exterior doutra casa.

Malia que se teñen atopado raíñas de velutina noutros puntos de Valdeorras, como Vilamartín e Rubiá, O Barco é, polo de agora, o municipio da comarca con maior número de niños localizados desta especie asiática, dunha rápida expansión. O primeiro neutralizábase o 27 de abril na urbanización As Hortas.

 

Imaxe da raíña e das larvas do niño retirado na Proba.

Na retirada de niños primarios de velutina é moi importante a colaboración cidadá. Por iso recoméndase revisar galpóns, porches, garaxes e aleiros de tellados, lugares habituais onde crean os niños as raíñas destas avespas. Os niños son de cor marrón pardo e por cada un que se retire evítanse 50 niños no ano seguinte. Para a retirada dos niños hai que chamar ao 012 ou ao 112.

Artigos relacionados

Back to top button