OurenseÚltima hora

Nova lancha para rescates acuáticos no parque de bombeiros de Ourense

O parque sumará medios de rescate en altura e en químicos para favorecer a especialización dos profesionais

A nova lancha para rescate acuático no parque de bombeiros de Ourense.

 

O parque de bombeiros de Ourense conta dende onte cunha nova embarcación con remolque a motor para o  Servizo de Extinción de Incendios do Concello, que permitirá actuar en novos servizos. “Con esta embarcación, xunto aos traxes acuáticos que nos chegarán proximamente, intentaremos instalar un equipo para este tipo de rescates”, sinalou Manuel Ferreira, sarxento do parque municipal.

Así, esta incorporación xerará cambios nas actuacións dos profesionais na agua, permitíndolles facer búsquedas más exhaustivas con internamento acuático gracias a “un equipo ben preparado”. A esta especialización sumaráselle o rescate en altura e en químicos, a través de novos materiais.

Artigos relacionados

Back to top button