EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nova liña de colaboración entre a D.O. Monterrei e Abanca

Ambas entidades asinaban un acordo para facilitar o acceso ao crédito a viticultores e adegas
Sinatura do convenio entre a D.O. Monterrei e Abanca.
Sinatura do convenio entre a D.O. Monterrei e Abanca.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Abanca veñen de comezar unha colaboración que pon a disposición do sector vitinícola desta comarca ourensá un catálogo de produtos especificamente deseñados para el. Así, na mañá do 19 de agosto a presidenta deste organismo, Asunción Rodríguez Zarraquiños, e o director de Banca Agro e Mar de Abanca, Jesús Combarro Pereira, asinaban un acordo co obxectivo de facilitar o crédito aos viticultores e as adegas da comarca de Monterrei.

O texto deste documento “senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións ás que teñen que facer fronte as adegas e viticultores. Deste xeito, os profesionais que pertencen a esta D.O. poderán optar a unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite atender as exixencias da Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagos nun prazo máximo de 30 días e, con este produto as bodegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores dunha maneira flexible”, segundo se informa dende o Consello Regulador de Monterrei.

A presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, e o director de Banca Agro e Mar de Abanca, Jesús Combarro, tras rubricar o acordo.
A presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, e o director de Banca Agro e Mar de Abanca, Jesús Combarro, tras rubricar o acordo.

Ao mesmo tempo, o convenio dá resposta ás necesidades de financiamento que teñen algunhas adegas para as súas exportacións. “Estas operacións, que rexistraron importantes incrementos nas últimas campañas, contribúen a proxectar e consolidar a imaxe internacional da denominación”, engade o seu consello regulador.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close