AletismoDeportesÚltima hora

Nova medalla nacional para o atleta de orixe vianesa Carlos Beltrán

Lograba o bronce en salto de lonxitude no Campionato de España Sub20 de Pista Cuberta

Carlos Beltrán Álvarez, atleta de orixe vianés. /Foto: Correr en la Rioja.

 

Un total de 271 atletas (139 homes e 132 mulleres) incribíanse no XLVIII Campionato de España Sub20 de Pista Cuberta celebrado esta fin de semana en Antequera. E entre eses deportistas que podían por fin loitar polo título nesta categoría (o ano pasado saltaba o estado de alarma e tiña que ser cancelado), estaba Carlos Beltrán Álvarez, con orixes en Viana do Bolo e membro do club rioxano Go Fit Athletics, que volvía subir ao podio na proba de salto de lonxitude.

No seu último ano na categoría Sub20, Carlos Beltrán saltaba á pista na tarde do sábado 6 de marzo partindo coa cuarta mellor marca do campionato e finalmente conseguía a medalla de bronce co seu cuarto intento, onde alcadou os 7,18 metros.

Coma sempre, dende Viana o seu tío Jorge Álvarez amósase orgulloso do conseguido por esta xove promesa do atletismo nacional. “Orgulloso estou de ti”, aseguraba tras coñecer a nova.

Artigos relacionados

Back to top button