En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Nova mobilización do rural do oriente ourensán para reclamar axudas pola xeada e a seca

Unha tractorada percorría as rúas de Viana do Bolo na mañá do 7 de setembro

Se hai apenas catro meses os graves danos ocasionados polas xeadas na parte oriental da provincia levaban aos agricultores, gandeiros e apicultores a mobilizarse en demanda de axudas e ante a falta de resposta da Administración, a seca aumentou os problemas, que seguen sen solución.

Por iso, na mañá do 7 de setembro tiña lugar unha nova mobilización. Dende a explanada do campo de fútbol de Viana do Bolo, preto de medio cento de tractores e cisternas de aprovisionamento así como varios centos de persoas (entre elas membros da corporación municipal), percorrían as rúas da vila a través da estrada comarcal OU-533 (con paradas en puntos estratéxicos como a praza Maior), en “protesta pola falta de solucións da Xunta de Galicia para os produtores de gando extensivo, castaña e apicultores que sufren graves perdas polas xeadas e a seca na montaña do oriente ourensán”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button