EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Nova reunión da mesa negociadora do convenio marco da lousa

Representantes sindicais nunha das reunións do convenio marco da lousa.

 

Na tarde deste 6 de outubro tiña lugar no Centro Tecnolóxico da Pizarra en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), unha nova reunión da mesa negociadora do convenio marco da lousa, cun carácter estatal. Desta mesa forman parte 9 membros dos sindicatos (6 de UXT, 2 de CCOO e 1 da CIG) e outros tantos da patronal, representada por 7 integrantes da Federación Nacional da Pizarra (FNP) e 2 de Apropicale.

Esta é xa a terceira vez que sindicatos e empresarios se sentan con motivo do convenio. Nesta xuntanza acordábase que na vindeira semana cada unha das tres centrais sindicais presentará a súa plataforma á patronal para, xa sobre esas propostas, comezar a negociar en concreto nunha próxima xuntanza, prevista para o vindeiro 22 de outubro. “Creo que temos xa que empezar a avanzar no que á materia concreta do convenio e entrar na negociación”, asegura o secretario xeral da FICA-UXT Galicia, Javier Carreiro.

Artigos relacionados

Back to top button