ConcellosÚltima hora

Nova sinalizacion de entrada ao municipio de Viana na estrada OU-533

O alcalde de Viana do Bolo, xunto á nova sinalización na entrada ao municipio./ Foto cedida.

 

A entrada ao concello de Viana do Bolo dende a OU-533 na Bouza e no Alto do Covelo conta xa cunha sinalización vertical de benvida aos visitantes. “Esta é outra actuación que pretende pór en valor o noso concello, dende o punto de vista turístico
O obxectivo é dar a coñecer aos numerosos usuarios desta via a chegada ao noso concello, a Viana do Bolo”, sinala o rexedor vianés, Secundino Fernández.

Este sinalización pretende ser “un elemeto máis para indicar Viana e que poidan apreciar os nosos elementos mais significativos; de feito o totem reflicte a torre do castelo, o elemento arquitectónico máis caracteristico da vila entre as verdes montañas”, engade o alcalde.

A sinalización ten unhas medidas de 40 x 200 cm de aluminio, “con estrutura de aceiro e impreso con protección antivandálico”, tal e como informa o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button